miércoles, 5 de diciembre de 2007

COMUNICADO DO PSDEG-PSOE: PÉSAME Á FAMILIA DE FERNANDO TRAPERO E SOLIDARIEDADE E GRATITUDE AOS CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO

Santiago, 05 de dec. de 07. A Comisión Executiva do PSdeG-PSOE quere expresar o seu máis fondo pesar polo pasamento do garda civil, Fernando Trapero, a consecuencia das feridas recibidas no atentado de ETA o pasado sábado en Capbreton (Francia) e no que tamén perdeu a vida o seu compañeiro, Raúl Centeno.

Os socialistas trasladamos o noso pésame á familia e a nosa solidariedade e gratitude aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado aos que todos recoñecemos a súa entrega na defensa das nosas liberdades.

Felicitámonos pola eficacia e a coordinación dos corpos de seguridade de España e Francia, que ten permitido a detención de dous dos presuntos asasinos destes gardas civís.

O traballo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a unidade das forzas democráticas contra a barbarie terrorista, como quedou de manifesto onte á noite en Madrid, son a mellor resposta contra ETA. É a maneira de demostrarlle que aínda que siga causando dor, nunca conseguiu nin conseguirá ningún dos seus obxectivos e que ao único camiño que conduce a violencia en democracia é ao da cadea.

No hay comentarios: